Josh Trank fai-se cargo de Venom

0
172

A Sony Pictures está a negociar co director de Chronicle, Josh Trank, para que se encargue de Venom, a longametraxe spin-off da saga de Spiderman.

A história estaría centrada no monstroso falcatruán Venom, un dos mortais inimigos de Spiderman e que ten aparecido por moitos outros cómics do Universo Marvel, ademais de na terceira entrega da saga de Sam Raimi, Spiderman 3 en 2007, daquela interpretado por Topher Grace (quen non está vencellado a este proxecto).

Os plans para un filme baseado en Venom levan rodando alomenos cinco anos, e mesmo chegou a se falar de Gary Ross (director de The Hunger Games) para dirixir o proxecto.

Jacob Estes (The Details) escribiu o último guión do que se ten constáncia, pero agora mesmo os estudos están xa á procura dun novo guionista.