Haberá unha terceira Viaxe

0
168

Agora que Journey 2: The Mysterious Island xa sobrepasou a barreira dos 275 millóns de dólares de recadación en todo o mundo, a New Line está desexando escomezar a traballar nunha terceira entrega desta popular saga en 3D.

O director da secuela, Brad Peyton, e mais os guionistas Brian Gunn e Mark Gunn xa pecharon os contratos para regresar cara a unha posíbel terceira parte, que os estudos queren ter nas carteleiras para 2014.

Polo de agora non hai acordos para que regresen os mesmos membros do reparto, que xa mudaron abondo dende a primeira parte. Beau Flynn, Tripp Vinson e Charlotte Huggins serán os produtores.