Alexandre Aja engaiolado polo Amor Inmortal

0
152

O director de Piranha 3D, o francés Alexandre Aja, está a negociar a súa contratación para se facer cargo da adaptación ao cinema do cómic Undying Love para a Warner Bros. Pictures.

A história, orixinal de Tomm Coker e Daniel Freedman, xira ao redor do ex-soldado John Sargent, quen se namora dunha vampira, pero para poder estar con ela deberá primeiro matar ao vampiro que a creou, un ser protexido por un exército de monstros no submundo de Hong Kong.

Michael De Luca, Stephen L’Heureux e mais a Benderspink serán os produtores. Coker e Freedman escribiron o guión a partir do seu própio traballo no cómic.