Un director peruano para resucitar ao Zorro

722

O nome do realizador peruano Ricardo de Montreuil ven de xurdir coma un posíbel candidato a dirixir o filme Zorro Reborn para a 20th Century Fox.

O filme, que versiona dun xeito radical a mitoloxía do Zorro, levándo-o dende a súa época orixinal até un futuro post-apocalíptico, presenta ao persoaxe coma un xusticieiro mergullado nunha vinganza contra o malvado tirano e a súa banda de mercenários.

De Montreuil deberá dirixir primeiro unha proba de pantalla co que posíbelmente sexa o actor que dea vida ao Zorro, o actor latino Gael Garcia Bernal, pero ainda non hai ningún acordo pechado para que sexa el finalmente quen dirixa o filme.

Os guionistas de Harker, Lee Shipman e Brian McGreevy, foron os autores da versión mais recente do guión que manexan os estudos. Mark Amin, Cami Winikoff e David Higgins serán os produtores.