A Roda do Tempo

0
191

A capa do tomo 6 da sérieA Universal Pictures ven de adquirir os dereitos cinematográficos sobre a saga supervendas de Robert Jordan A Roda do Tempo (“The Wheel of Time”) cun trato que sobrepasa unha cifra con sete ceros.

As adaptacións das novelas fantásticas escomezarán polo primeiro tomo do ciclo, o titulado O Ollo do Mundo.

Rick Selvage e Larry Mondragon serán os produtores a través da Red Eagle Entertainment, que xa anteriormente publicara as adaptacións a novela gráfica dos libros de Jordan.

A série da Roda do Tempo ten como protagonista a través das súas dúcias de persoaxes a Rand al’Thor, a derradeira encarnación dunha forza do ben chamada “O Dragón”. Rand naceu para loitar contra a forza do mal, un persoaxe chamado Shai’tan.

Os libros da Roda do Tempo venderon máis de 44 millóns de cópias en todo o mundo e xa tiveron adaptacións a xogos de computador, xogos de rol, unha banda sonora, cómics e moitísimos sítios Web realizados por fans. As catro últimas entregas da série acadaron o número 1 na listaxe de libros máis vendidos do New York Times.

A propriedade sobre estes dereitos xa se puxera á venda anteriormente, especialmente en 2000 cando a NBC se fixo cos mesmos para poder realizar unha minisérie para a televisión baseada en O Ollo do Mundo.

Jordan finou o pasado ano aos 58 anos, pero o seu derradeiro tomo da série ainda está por publicar-se (en outono de 2009) mentres o seu compañeiro e axudante Brandon Sanderson completa a novela a partir das notas e fitas que deixou Jordan.