Lucas e Blackmore en The Evil Dead

0
156

Jessica Lucas (Melrose Place) e mais Elizabeth Blackmore (Legend of the Seeker) son as actrices cuxos nomes veñen de se sumar ao reparto do remake de The Evil Dead pola FilmDistrict e a Ghost House. Nesta nova versión do clásico do terror gore mantén-se o argumento do demo ceibado após de atoparen os protagonistas o Libro dos Mortos nunha cabana do bosque. A rodaxe escomezará o mes que ven en Nova Celándia coa produción de Sam Raimi, Rob Tapert e Bruce Campbell.