Maguire produce a Quinta Onda

0
166

A GK Films ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a triloxía de novelas de ciéncia-ficción para adolescentes de Rick Yancey The 5th Wave, que coproducirán xunto á compañía de Tobey Maguire, a Material Pictures.

A história das novelas, ainda non publicadas, céntra-se ao redor dunha rapaza que sobrevive a unha invasión alieníxena e comeza a buscar ao seu irmán, quen pode que fose abducido por extra-terrestres que se asemellan aos seres humáns. Na súa procura será axudada por un rapaz que podería asemade ser un álien.

Maguire, Matthew Plouffe, Graham King e mais Tim Headington serán os produtores. A Sony Pictures entrará no proxecto para financia-lo e para se ocupar da distribución.