Fanning é a princesa de Maleficent

0
162

Elle Fanning (a rapaza de Super 8) está a manter conversas para se facer co papel da princesa Aurora, a inimiga de Angelina Jolie na vindeira película fantástica da Disney, Maleficent.

Robert Stromberg dirixe esta versión revisionista do clásico conto de fadas da Bela Durminte, centrada na raíña malvada no canto da princesa durminte e que conta coma protagonista a Jolie no papel da raíña.

Fanning interpretaría á bela princesa durminte. Linda Woolverton (Alice in Wonderland) escribiu o guión deste filme, que está xa a se converter nunha prioridade para os estudos da Casa do Rato.