Fringe, o novo de Abrams

0
165

J.J. AbramsAlex Graves (Journeyman) dirixirá Fringe, o episódio piloto para a série paranormal da canle Fox que conta con guión de J.J. Abrams e mais os seus parceiros Alex Kurtzman e Roberto Orci.

A produción ten previsto o seu comezo en febreiro. O episódio piloto durará dúas horas, tratando sobre mistérios paranormais vistos a través dos ollos dun científico tolo, o seu fillo enemistado e mais unha axente feminina do FBI.

A Fox ten moitas esperanzas postas neste novo proxecto, que chega da man da Warner Brothers TV e mais da empresa produtora de Abrams, a Bad Robot.

Graves será ademáis o produtor executivo de Fringe, tarefa que compartirá con Abrams, Kurtzman, Orci e Bryan Burk.

O guión de Fringe xa estaba escrito cando a Fox obtivo os seus dereitos, o que sinifica que a produción podería escomezar mesmo ainda que a folga de guionistas continúe.