A Warner adaptará Lucid ao cinema

0
152

A Warner Bros. Pictures ven de adquirir os dereitos para o cinema sobre a minisérie de cómic fantástico Lucid, creada e guionizada por Michael McMillian (responsábel asemade de True Blood).

A história vai sobre o axente Matthew Dee, quen debe usar as súas habilidades coma espía camuflado e coma poderoso meigo para se asegurar de que América fica ceiba das poutas dos seus malvados inimigos. O argumento inclúe moitas referéncias ás lendas de Artur e á mitiloxía ocultista.

O guionista e produtor Akiva Goldsman e mais a nova compañía de Zachary Quinto, a Before the Door, desenvolverán e producirán este proxecto. Polo de agora aínda non hai un guionista encargado de adaptar o cómic.