A Warners resucita á Torre Escura

0
217

A Warner Bros. Pictures está moi preto de pechar un acordo grazas ao cal podería resucitar o cobizoso proxecto de Ron Howard de adaptar ao cinema e máis á televisión a série de novelas de Stephen King The Dark Tower, que hai uns meses foi pechado pola Universal.

O antigo plan da Universal era facer tres películas para o cinema e duas tempadas dunha série de televisión, todo elo baseado na xigantesca série de novelas de Stephen King A Torre Escura, que misturan a fantasía, o terror, o Oeste e mais a ciéncia-ficción. Agora seica a Warners ven de recoller o testemuño e queren contar co guión que Akiva Goldsman escribiu para a primeira longametraxe. De feito, xa o contrataron para que lle dea un repasiño ao seu libreto.

Howard fica polo de agora vencellado coma director deste proxecto, que podería escomezar a se rodar a primeiros de 2013. Pola súa banda, o actor español Javier Bardem, quen ía protagonizar o filme no papel do pistoleiro Roland Deschain, tamén está aínda a bordo, se ben os estudos dependen agora da súa dispoñibilidade. Goldsman, King e Brian Grazer serán os produtores.

Se a parte da televisión segue adiante, a canle HBO, que é propiedade da Warners, semellaría o lugar ideial para acoller a série.