A Warner resucita a Mandrake

0
152

A Warner Bros. Pictures e mais a Atlas Entertainment unirán as súas forzas para facer unha adaptación ao cinema da clásica tira cómica dos anos 30 Mandrake o Mago, orixinal de Lee Falk.

Mandrake é a história dun ilusionista con poderes hipnóticos que utiliza as súas habilidades para loitar contra o crime coa axuda do seu gardacostas, un enorme negro africano chamado Lothar.

A Universal produciu unha série de filmes en 1939 co persoaxe, pero aquela foi a derradeira vez que o puidemos ver na pantalla grande até agora. Ademais, a Sony produciu un telefilme a finais dos anos 70, tamén adicado a Mandrake.

Aló polo 2009 Janet Peoples e David Webb Peoples (12 Monkeys) foran encargados de escribir un guión para unha posíbel versión para o cinema que ía producir a Atlas cando se fixo cos dereitos sobre o persoaxe, pero aquel proxecto non chegou a bó fin. Agora, coa axuda da Warner, agárda-se que se escriba un novo guión, adaptando ao persoaxe aos século XXI e dotándo-o dunha nova persoalidade atraínte coma se fixo estes últimos anos con Sherlock Holmes.