Novos guionistas para Y: The Last Man

0
173

Outro proxecto esquecido que seica pode ter unha segunda oportunidade é a adaptación ao cinema da aclamada minisérie de cómic de Brian K. Vaughan (guionista ademáis de Lost) Y: The Last Man. Deste xeito, dous novos guionistas, Matthew Federman e Stephen Scaia, están a negociar a súa entrada nesta longamente agardada adaptación de ciéncia-ficción pola New Line.

O desenvolvemento do filme leva nada menos que dende 2004 dando voltas polos despachos dende que os nomes de Shia LaBeouf e Alicia Keys soaran para protagoniza-lo nos seus comezos. Ademais, realizadores da talla de D.J. Caruso e Louis Leterrier estiveron nalgún intre durante este tempo vencellados para dirixir.

A história vai sobre un xoven artista especialista en fugas chamado Yorick Brown e mais a súa mascota, o mono Ampersand, que son os dous derradeiros homes vivos na Terra. Algo está a matar a todos os mamíferos machos (cun cromosoma Y) do mundo, incluindo aos embrións, óvos fertilizados e mesmo esperma.

A sociedade vai cara ao caos mentres as infraestruturas se derruban e as mulleres, únicas supervivintes, tentan sobrepoñer-se á desaparición dos homes. Yorick escomeza unha misión para atopar á súa moza Beth, que estaba de vacacións en Austrália.

Federman e Scaia, que xa teñen experiéncia no xénero fantástico (traballaron anteriormente en séries de televisión coma Jericho, Warehouse 13 e Human Target), deberán escomezar un novo guión dende cero, esquecendo por completo os anteriores libretos de Carl Ellsworth.