O Pateacús

0
220

Kick-AssMatthew Vaughn é o máximo candidato a se sentar na cadeira de director de Kick-Ass, unha adaptación dun super-heroe dos comics de Mark Millar, e se ben o reparto dos actores principais está ainda nas primeiras fases, agárda-se que estas fiquen pechadas canto antes.

Christopher Mintz-Plasse está en negociacións, mentres que Chloe Moretz xa foi seleccionada para o filme, cuxa natureza moi violenta obrigou aos estudos de Hollywood a absteren-se de produci-lo. Vaughn, pola súa banda, acredita tanto neste proxecto independente que el mesmo puxo os cartos (30 millóns de dólares) para que saia adiante.

Kick-Ass, escrito por Millar (Wanted) e debuxado por John Romita Jr., vai sobre un rapaz aparvado nun instituto que tenta reconverter-se a si mesmo nun super-heroe chamado Kick-Ass (Pateacús) para acadar popularidade, pero fracasa porque nin é un tipo atlético nin ten movementos coordinados cando deba enfrontar-se aos malvados que teñen armas reais.

O cómic é ultraviolento, con rapaces que toman o papel de adultos en todas as viñetas. O persoaxe de Moretz, por exemplo, é un feroz neno de 11 anos moi malfalado que destrúe aos criminais cunha espada ninja. Mintz-Plasse interpretará a Red Mist, o alporizado fillo adolescente dun matón que tenta descubrir a identidade secreta de Kick-Ass.

O persoaxe principal, o aparvado Dave Lizewski, ainda non ten actor que o interprete. Vaughn está en conversas asemade con várias estrelas de renome para que interpreten aos pais ou a mafiosos.

Vaughn escribiu a adaptación con Jane Goldman e producirá o filme a través do seu parceiro na compañía Marv Films, Kris Thykier. Agárda-se que a rodaxe poida escomezar en outono.