Farrell en conversas para Arthur & Lancelot

0
221

Diversos médios informan que o actor Colin Farrell está en conversas para protagonizar o filme de David Dobkin Arthur and Lancelot para a Warner Bros. Pictures.

O proxecto, que contaba cun orzamento de 90 millóns de dólares antes de que fora cancelado hai uns meses, descríbe-se coma unha moderna versión das lendárias aventuras do rei Artur e mais Sir Lancelot. A participación de Farrell daría aos estudos unha face mais recoñecíbel ao filme e asemade unha posibilidade de face-lo rendíbel.

Kit Harington (Game of Thrones) e Joel Kinniman (The Killing) ían ser os protagonistas desta longametraxe pero a Warner decidiu cancelar o proxecto ante o temor de que o seu elevado orzamento non puidera facer fronte ao feito de que os dous actores son perfectos descoñecidos para o público. Nestes intres os dous están fóra do proxecto, por mor de conflitos cos seus calendários de traballo.

Dobkin será o director a partir dun guión que el mesmo escribiu e ademais será o produtor xunto a Lionel Wigram, Charles Roven e Richard Suckle.