O regreso do Leprechaun

693

A Lionsgate e mais a WWE Studios colaborarán conxuntamente nun relanzamento do filme independente de terror Leprechaun, que produciu a Trimark en 1993.

Unha daquela descoñecida Jennifer Aniston protagonizou a longametraxe orixinal, que ía sobre un malvado e sádico leprechaun adicado a matar a todo o mundo mentres procura un pote de ouro. O filme non tivo boas críticas, pero ainda así fixéron-se nada menos ca cinco secuelas, todas elas directas ao mercado de vídeo.

Polo de agora non hai guionista, director nin reparto vencellados a este proxecto, que tentará estrear o filme en 2013. Esta longametraxe é a primeira nun acordo de dous filmes entre as compañías. A outra película aínda está por determinar.