Remake do Gato no Chapeo do Dr. Seuss

0
179

Mentres o filme The Lorax, baseado no popular libro do Dr. Seuss, está a copar o primeiro posto no despacho de billetes dende que foi estreada hai un par de semanas, a Universal Pictures e mais a Illumination Entertainment veñen de decidir coller outra propiedade do mesmo autor co mesmo sistema de longametraxe en 3D con gráficos xerados por computador para facer a película.

O que é unha sorpresa é a elección do conto, The Cat in the Hat. Ainda que é posíbelmente o conto mais popular do Dr. Seuss, decisión de adapta-lo chega despois de que a mesma Universal converte-se o libro nunha longametraxe en 2003 con acción real e protagonizado por Mike Myers, que foi un grande fiasco tanto de crítica coma de público.

O certo é que os contos do Dr. Seuss son case tan coñecidos polo seu contido coma polos inimitábeis debuxos que os acompañan, e aos que os nenos xa están acostumados, así que seica os directivos dos estudos decatáron-se de que o millor xeito de levar estes libros ao cinema é a través de gráficos xerados por computador tal e coma fixeron con The Lorax e coma fixo a Fox/Blue Sky con Horton Hears a Who, así que queren escomezar de cero co Gato no Chapeo e xa lle encargaron a adaptación da história a Rob Lieber para que escriba o guión. Chris Meledandri será o produtor.

Pola súa banda, a Illumination fica polo de agora independente traballando noutro proxecto baseado no popular esacritor de contos infantís, se ben neste caso é unha biografía que protagonizará Johnny Depp.