Xa hai guionista para a cuarta Paranormal

0
170

O guionista e produtor executivo da série de televisión The River, Zack Estrin, ven de ser contratado para escribir o guión da cuarta entrega de Paranormal Activity para a Paramount Pictures.

O argumento deste filme é polo de agora un completo mistério. Henry Joost e Ariel Schulman, que dirixiron o terceiro, regresarán probábelmente para a cuarta parte, se ben algunhas fontes internas dos estudos afirman que non hai negociacións co dúo polo de agora.

O mais abraiante de todo é que ainda que nin tan sequera está escrito o guión, o filme xa conta cunha data de estrea, para dentro duns poucos meses, concretamente o 19 de outubro. Estrin traballa en The River tanto co produtor da franquía de Paranormal Activity Jason Blum coma co creador da saga, Oren Peli.