A Constantin Film e mais a Unique Features ainda seguen adiante coa súa ideia de adaptar ao cinema a clásica série de novelas supervendas de Cassandra Clare The Mortal Instruments mália que a Sony Pictures e mais o director Scott Stewart (Legion) abandoaron o proxecto hai cousa dun mes.
Agora ambas produtoras veñen de contratar a Harald Zwart (The Karate Kid) para que sexa o director e confirmaron á actriz Lily Collins (Mirror Mirror) para o posto de protagonista deste proxecto de longametraxe, que en todo caso estará baseada no primeiro libro da saga: The Mortal Instruments: City of Bones.
Ambientada na cidade New York nos nosos días, a história vai sobre unha adolescente aparentemente normal que descobre que é a descendente dunha liña de Shadowhunters [Cazadores de Sombras], un grupo secreto de xóvenes guerreiros médio humáns médio anxos que loitan unha antiga batalla para protexer ao noso mundo contra os demos.
A rapaza unirá as súas forzas coas dun grupo de Shadowhunters, quen a introducen nunha New York alternativa e perigosa chamada Downworld, e que está chea de demos, meigos, vampiros, lobishomes e outras creaturas infernais.
Jessica Postigo e I. Marlene King adaptaron o guión mentres que Robert Kulzer, Bob Shaye e Michael Lynne son os produtores. A rodaxe escomezará o 15 de agosto en Toronto (Canadá).