Gravel, o soldado con poderes máxicos

0
156

Tim Miller será o director dunha adaptación con acción real do cómic Gravel, orixinal de Warren Ellis, para a Legendary Pictures.

A história vai sobre o persoaxe de William Gravel, un soldado das S.A.S. (forzas de intervención británicas) que usa os seus poderes de máxia negra para loitar despois do seu traballo contra as forzas sobrenaturais, todo a cámbio dun soldo extra que lle proporcionan os seus clientes.

Oliver Butcher e Stephen Cornwell están a escribir o guión mentres que Rick Alexander será o produtor. Miller, que foi contratado anteriormente para dirixir X-Men Origins: Deadpool para a Fox, é o dono da Blur Studio, a empresa que creou a secuéncia inicial cos títulos de crédito do recente filme de David Fincher The Girl With The Dragon Tattoo.