Martindale e Deutch, mais Fermosas Creaturas

0
133

Margo Martindale (Justified), Zoey Deutch (Ringer) e Rachel Brosnahan (The Unborn) están en negociacións finais para se uniren ao reparto do filme de Richard LaGravenese Beautiful Creatures, unha história de amor sobrenatural que producirán a Alcon Entertainment e mais a Warner Bros. Pictures.

A longametraxe está baseada na primeira novela da saga orixinal de Kami Garcia e Margaret Stohl sobre os amantes adolescentes Ethan e Lena (Jack O’Connell e Alice Englert) que descubren unha série de escuros segredos sobre as súas famílias, a súa história e mais a súa vila natal.

Martindale interpretará á tía de Lena, Del, que a axuda a protexe-la do lado escuro da súa família. Deutch fará de Emily Asher, a ex-moza de Ethan e cabecilla do grupo mais popular do seu coléxio e que está a conspirar contra Lena. Brosnahan será Genevieve, que aparece nalgúns flashbacks coma unha antiga namorada de Ethan.

Jeremy Irons, Viola Davis, Emma Thompson, Emmy Rossum e Thomas Mann son os outros membros xa confirmados do reparto deste filme, que comezará a se rodar o mes que ven en New Orleans. Broderick Johnson, Andrew Kosove, Erwin Stoff e Molly Smith serán os produtores.