Os días perdidos

0
155

A Benderspink e mais a Roddenberry Entertainment van unir as súas forzas nun proxecto conxunto para desenvolver adaptacións ao cinema e mais á televisión da exitosa série de novelas gráficas da Archaia Studios Days Missing.

O cómic detalla os extraordinários periodos de 24 horas a través da história que mudaron o decurso da evolución humana, uns periodos que foron borrados da memória dos homes por un antigo ser místico coñedido coma “The Steward” (O Asistente).

Eses “días perdidos”, gravados nos anáis da biblioteca do Asistente, representan unha história humana perdida que explica moito mais verbo de quen somos do que nunca soubemos.

No caso de saír adiante o proxecto, sería a primeira vez que unha ideia de Gene Roddenberry chega á pantalla grande dende Star Trek. Proba de que ambas produtoras están a se tomar en sério o asunto é que xa hai conversas para que esta franquía se converta nunha série de televisión e mais nunha triloxía de longametraxes simultáneamente.

A Benderspink planea traballar con Rod Roddenberry e con Trevor Roth coma produtores.