Harry Potter mete medo

886

Harry PotterOs produtores do vindeiro filme de Harry Potter teñen medo de que a seguinte entrega da popular saga de fantasía sexa un desastre, porque J.K. Rowling xa rematou a súa saga e non haberá máis novelas.

Os primeiros cinco filmes foron un grande éxito nos despachos de billetes, grazas en boa medida a que apareceron moi seguidos á publicación de cada ún dos libros de Rowling.

Pero o sétimo e derradeiro libro apareceu nos andeis das librarías o ano pasado, e ainda fican por se facer tres filmes de Harry Potter.

A adaptación ao cinema de Harry Potter e o Príncipe Mestizo está preparada para aparecer nas pantallas para o ano que ven, mentres que o sétimo e derradeiro libro Harry Potter e as relíquias da morte será dividido en dúas películas.

O guionista Steve Kloves admitiu á prensa que “non vou mentir. Estou algo desacougado porque os libros remataron, e a anticipación non será a mesma. Sería un completo desastre se ninguén o dixese“.

Mentres tanto, os fans de Harry Potter deberán agardar até o vindeiro mes de xullo para ver a seguinte entrega das súas aventuras na pantalla grande. O xoves os estudos anunciaron que a estrea de Harry Potter e o Príncipe Mestizo non será, coma estaba previsto, o 21 de novembro deste ano, senón o 17 de xullo de 2009. A Warner Bros dixo que non houbo atrasos na produción, pero que a folga de guionistas atrasara xa outras producións moi salientábeis cuxas estreas estaban previstas para os meses de verán.