Trank dirixirá a Estrela Vermella

0
161

O realizador do recente éxito Chronicle, Josh Trank, está a desenvolver un novo proxecto para dirixir, neste caso é a adaptación ao cinema da saga de novelas gráficas de ciéncia-ficción e ambiente soviético The Red Star para a Warner Bros. Pictures e mais a Original Film.

O cómic orixinal de Christian Gossett está ambientado nunha Unión Soviética alternativa onde se misturan elementos de tecnoloxía futurista coa máxia, mentres que o protagonista é un soldado da Frota Vermella que se ergue contra un ex-líder que governa o país inimigo, Al’Istaan, con puño de ferro.

Jason Rothenberg escribiu o guión, mentres que Neal Moritz será o produtor. A Warners fíxo-se cos dereitos sobre esta saga de novelas gráficas, tamén convertidas en videoxogo en 2002, após de que a Universal decidira non exercer as súas opcións.