Corddry, Bibb e mais o bebé do demo

0
177

Rob Corddry e Leslie Bibb serán os protagonistas da comédia Hell Baby para a Darko Entertainment, a Principato-Young Entertainment e mais a Garant/Lennon Productions.

Os actores da série de televisión Reno 911 e habituais coguionistas da mesma Thomas Lennon e Robert Ben Garant farán o seu debut coma directores neste filme, para o que xa se reservaron un par de papéis secundários para eles mesmos.

A história vai sobre unha parella que espera ao seu fillo e que se muda ao bariio mais enmeigado de New Orleans. Alí reciben a visita dunha equipa de exorcistas de elite chegados do Vaticano (Lennon e Garant) que queren salva-los do seu bebé diabólico.

Sean McKittrick, Jeff Culotta, Ted Hamm, Peter Principato e mais Paul Young serán os produtores deste filme, que comezará a se rodar en New Orleans no mes de abril.