“Blood & Chrome” morre antes de nacer

0
267

Nun movemento que ven de coller por sorpresa a todos os fans e tan só unhas horas despois de lanzar o primeiro vídeo co tráiler da série, a canle Syfy decidiu non seguir adiante coa longamente agardada secuela de Battlestar Galactica, a série Battlestar Galactica: Blood & Chrome, alomenos na televisión. A série, inicialmente pensada para se lanzar a través dunha Web, recibiu a aprobación da canle en outubro de 2010, cando deron luz verde á rodaxe dun episódio piloto de dúas horas.

Pero por mor dunha longuísima fase de post-produción, o episódio piloto non foi completado até o pasado novembro. E no mes de xaneiro comezaron a xurdir os rumores de que a canle estaba á procura de novas fontes de financiación para a série.

Agora, a Syfy ven de decidir que o proxecto podería continuar coma série, pero non para a televisión, senón emitida soamente a través do seu sítio Web na Internet, e iso no caso de que atopen un xeito de financia-la.

O episódio piloto xa producido, de 90 minutos de duración, si que podería ter unha oportunidade de ser emitido pola tele, pero a canle non deu a coñecer en que data.

Mentres tanto, o tráiler que amosa unha demo do que podería ter sido a série, e que foi dado a coñecer esta pasada fin de semana na WonderCon, en tan só 24 horas acadou mais de 100.000 visitas, xusto antes de que a NBCUniversal bloqueara a súa visualización. Polo de agora, e até que sexa tamén eliminada do YouTube por mor dos gardiáns dos dereitos de autor, pode ver-se aquí.