Fringe podería rematar nun cómic

1196

Estamos tan acostumados a que os cómics sexan convertidos en filmes para o cinema que xa nin nos relembramos de que o normal sempre foi o caso contrário. E por iso é un pouco abraiante que o produtor executivo de Fringe, Jeff Pinkner, dixera onte que igual que no caso de Buffy Cazavampiros ou Smallville, se a série non consigue ser renovada por unha nova tempada, que seríaa quinta, daquela haberá que ir ás páxinas dunha edición especial dun cómic para coñecer o remate da história.

Sería un cómic realmente elaborado e non repararíamos en gastos con el para nos asegurar-mos de que todo o que precisas entender sobre a série está nese cómic e que fican todas as preguntas contestadas. Este é o noso plan de respaldo“, dixo Pinker nunha entrevista.

Non sería a primeira vez que o mundo de Fringe pasa ao cómic, porque en 2008 xa foi publicada pola DC Comics coma precuela unha série limitada de seis números, con guión de Zack Whedon. E en 2010 apareceu outra minisérie, Tales from the Fringe, tamén de seis números.

En calquera caso, a partir do venres os novos episódios de Fringe escomezan a se emitir novamente na Fox, co remate da cuarta tempada aínda aberto.