O Huckleberry Finn mais paranormal

0
154

A Paramount Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema un guión orixinal de Andy Burg titulado Huck, unha história que seica é unha nova versión dos clásicos persoaxes de Mark Twain de Huckleberry Finn e Tom Sawyer, mais ou menos coma se fixo coa recente Snow White and the Huntsman.

A história está centrada nos fedellos adolescentes Sawyer e Finn xa convertidos en adultos, e todo elo cun telón de fondo onde non faltarían algúns elementos sobrenaturais.

Polo de agora iso é todo o que se sabe sobre o conto, así que non se teñen mais novas sobre se a história está ambientada no século XIX ou se a acción chimparía até os nosos días. Peter Chernin, Dylan Clark e Matt Lopez serán os produtores.