Findlay vive un conto de inverno

0
203

A actriz de Downton Abbey Jessica Brown Findlay ven de se facer co papel protagonista de Winter’s Tale, a adaptación ao cinema da novela homónima de 1983 escrita por Mark Helprin e que dirixirá Akiva Goldsman para a Warner Bros. Pictures.

A história enfóca-se nunha muller ainda nova pero que está a morrer e que se namora dun ladrón que entra na súa casa, unha mansión palaciega no West Side de New York. O drama ten lugar entre o século XIX e mais o Manhattan contemporáneo.

Aaron Johnson e Garrett Hedlund son arestora os candidatos para o papel protagonista masculino do ladrón. Ademais sábe-se que Russell Crowe está a negociar entrar no reparto no papel dun médio demo chamado Pearly Soames, e que Will Smith podería ter asemade un pequeno papel secundário.

A rodaxe escomezará o 15 de outubro en New York.