Expediente X 3 ao DVD?

0
166

Quero acreditarNo último filme de Expediente X, I Want to Believe, un cura pedófilo médium aconsellaba “nunca rendir-se“. E iso seica é o que deberon aprender os creadores da saga cinematográfica, porque mália o evidente fracaso nos despachos de billetes desta segunda parte, xa están a desenvolver plans para ofrecer-nos máis aventuras de Mulder e Scully. En resposta ás preguntas do noso reporteiro, unha fonte do interior dos estudos que preferiu gardar o anonimato dixo:

Entendo – había espazo para millorar… e pode que ainda o haxa. Traballo para a Screaming Death Monkey e Spotnitz – o terríbel Frank Spotnitz! – díxo-nos esta semana que á equipa xa lle falaran do seguinte filme de Expediente X. Seica o vindeiro lanzamento será directamente en DVD – pero están a traballar coa presunción de que terán o mesmo orzamento“.

Ainda que estos non son máis ca os bos desexos de Chris Carter e Frank Spotnitz, se I Want to Believe funciona ben no mercado de DVD, a terceira parte podería chegar a se facer.

O vindeiro filme podería mesmo centrar-se na liña argumental da que se falara cando se dixo que a segunda parte ía chegar en 2012.