Os nomes que soan para Carrie

0
176

A rapaza protagonista de Kick-Ass, Chloë Moretz, e mais a estrela de True Grit, a xoven actriz Haley Bennett, son as duas máximas candidatas para se facer co papel protagonista do remake de Carrie.

Kimberly Peirce dirixirá esta adaptación do clásico do terror de Stephen King, que segundo contan, será moito mais fiel ao libro orixinal có filme de Brian DePalma dos anos 70.

De todos os xeitos, as dúas devanditas actrices son só as dúas primeiras dunha lista de impresionantes candidatas, entre as que se atopan nomes coma os de Dakota Fanning, Emily Browning, Bella Heathcote e Lily Collins, que xa pasaron por probas de cásting. A única que polo de agora rexeitou unha oferta foi Shailene Woodley (The Descendants), ou alomenos iso é o que comentou o seu representante.

Mentres tanto, seica Peirce tentou convencer a Jodie Foster e está interesada en Julianne Moore para facer o papel da nai de Carrie.