Mentres a Marvel comeza a se embarcar para a produción da terceira entrega da saga de Iron Man, que se escomezará a rodar a finais de maio en Carolina do Norde, as novas que chegan é que case todos os actores das anteriores partes repetirán os seus papeis.
Así, xunto a Robert Downey Jr. estará Gwyneth Paltrow no papel de Pepper Potts e Don Cheadle coma Jim Rhodes, aí non haberá sorpresas. O que pode resultar novo é que Scarlett Johansson tamén volve para o seu papel de Natasha Romanoff/Viúva Negra que interpretou na segunda película e na vindeira The Avengers.
O guionista e director do filme, Shane Black, dixo recentemente que non hai que agardar a aparición doutros heroes ou viláns do Universo Marvel en Iron Man 3 porque o plan é regresar a histórias autoconclusivas cun só persoaxe, mentres que os viláns poderían ser tamén persoaxes do mundo real, coma acontece nas novelas de Tom Clancy.