Channing Tatum e mais Mila Kunis contan xa con senllas ofertas sobre a mesa para se faceren cos postos de protagonistas no vindeiro filme de Lana e Andy Wachowski, Jupiter Ascending, que producirá a Warner Bros. Pictures.
O filme sinificará a primeira longametraxe salientábel de acción de ciéncia-ficción que fagan os Wachowski dende a saga de Matrix, se ben os detalles sobre o argumento deste novo proxecto ainda seguen gardados baixo chave.
En todo caso, a produción ten previsto escomezar a finais deste ano, unha vez que dean rematado o seu traballo en Cloud Atlas, outro filme de ciéncia-ficción, se ben nesta ocasión mais modesto e de carácter dramático, que está en fase de post-produción arestora.