As relembranzas de Dinklage

0
176

Catherine O’Hara (Beetlejuice) e Peter Dinklage (Game of Thrones) serán os protagonistas do vindeiro filme Rememory que producirá a Palmer Productions.

A história vai sobre un brillante profesor que morre misteriosamente a véspera do día que ía revelar o invento que modificaría a súa vida. A súa muller, Carolyn (O’Hara), descubre o dispositivo, que é capaz de almacenar e reproducir os recordos da xente. Coa axuda dun estraño amigo (Dinklage), usará o invento para chegar ao fondo do mistério da morte do seu home.

Mark Palansky dirixirá este filme, que conta cun guión que el mismo escribiu coa axuda de Mike Vukadinovich. Trevor Waterson será o produtor e a rodaxe escomezará en maio en Toronto.