A série prehistórica de Steven Spielberg Terra Nova semella extinta definitivamente.
Após de que a canle Fox optara por non renovar unha temporada mais a esta série de ciéncia-ficción, a produtora do programa, a 20th Century Fox Television, tentou ofrecer os dereitos a outros posíbeis candidatos. Uns días despois coñeceu-se a nova de que estaban a manter xuntanzas coa Netflix, unha empresa fornecedora de DVDs e vídeo baixo demanda, coa posibilidade de que estes se encargasen de continuar a série.
Nombergantes, a primeiros desta semana a vicepresidenta da 20th Fox Television Dana Walden revelou que “estamos a manter outras alternativas, pero a de Netflix é a que ten conversas mais activas nestes intres“.
E tan só hai un par de días, a prensa informou que as dúas compañías foron incapaces de chegar a un acordo após de semanas de negociacións.
Así pois, e ainda que a 20th TV non informou aos actores de que fican libres para ir a outras producións, nestes intres xa non hai ningunha outra alternativa sobre a mesa e ademais tres actores principáis xa asinaron para se comprometeren para outros proxectos.