Os Xogos que non pasan Fame

0
177

A longamente agardada adaptación ao cinema da saga de novelas de Suzanne Collins The Hunger Games chegou por fin ás pantallas de cinema durante a pasada fin de semana, concretamente na medianoite do xoves, acadando no despacho de billetes de 14,7 millóns de euros, o que supón un récord para un filme que non sexa secuela.

Pero as boas novas para o filme tan só acababan de escomezar, porque os estudos prevían aumentar a recadación de 36 millóns para o venres, e esta disparou-se até os 116 millóns de euros durante a fin de semana, de venres a domingo, a terceira estrea mais lucrativa nos Estados Unidos, tan só superada pola oitava e derradeira entrega de Harry Potter e por The Dark Knight. En todo caso, é a primeira se contamos que non estamos ainda en verán, cando as recadacións tenden a ser moito maiores.

Por outra banda, as críticas polo de agora son bastante positivas, se ben tendo en conta que é un filme para adolescentes, polo que haberá que contar con que este filme sega recadando mais cartos por todos o mundo, e por suposto xa podemos contar cunha segunda parte.