D.J. Caruso vai sentir antivertixe

0
157

O realizador responsábel de Eagle Eye e Disturbia, D.J. Caruso, está en conversas para se ocupar da dirección do thriller dramático Invertigo na Sony Pictures.

Ehren Kruger e Bradley Cramp escribiron o guión desta película, que narra a história dun satélite da NASA que se estrela na cidade de New York e crea un vórtice de antigravidade, contra o que deberá enfrontar-se unha misión de rescate.

Neal Moritz será o produtor, pero o filme non escomezará a se rodar até 2013.