Cuarón, a colgar cabezas

0
177

Michael Gondry e Alfonso Cuarón, xunto cun grupo doutros cineastas de sona, van-se asociar para faceren unha longametraxe antolóxica europea destinada a un público infantil e que levará por título Tales from the Hanging Head.

Sara Driver, unha frecuente colaboradora de Jim Jarmusch, xunto a Marjane Satrapi (Persepolis) e Emir Kusturica (Underground) dirixirán tamén algúns fragmentos desta longametraxe, que se baseará nunha série de contos folclóricos que teñen coma fío común a metamorfose.

Driver dixo nunha recente entrevista que os directores “son de países diferentes, e os contos son de países diferentes, e Marjane vai unir todo iso coa súa incríbel animación. Os directores terán que facer todos os efectos na cámara ou con luces e sombras ou de xeitos moi tanxíbeis para levar a máxia aos nenos. Eu tamén fixen todos os contos de fadas, adaptei-nos e levei-nos aos nosos días, así que iso vai sobre levar a máxia á actualidade, para nenos e adultos“.