“Syndrome E”, violéncia francesa

0
151

A Paramount Pictures e mais a Indian Paintbrush veñen de pechar un acordo polo que se fan cos dereitos sobre Le Syndrome E, unha novela supervendas do escritor francés Franck Thilliez.

A história vai sobre un atribulado detective cuxo amigo descubre un caso de cegueira espontánea entre a xente que estaba a mirar un filme espectacularmente violento dos anos 50.

O policía descubre que o filme está cheo de imaxes subliminais e que os que entran en contacto con elas acaban mortos, así que decide pedir a axuda dun detective de París que está a investigar o caso da conexión entre o devandito filme e cinco persoas asasinadas e abandoadas no bosque.

Polo de agora a novela, que foi publicada en 2010, non foi traducida, pero a primeira versión en inglés aparecerá este verán. Steve Zaillian, Garrett Basch, Steven Rales e Mark Roybal serán os produtores da película.