Voltron se dirixe ao cinema

0
267

VoltronA New Regency (unha filial da Fox) ven de poñer en desenvolvemento o seu proxecto de filme de robots Voltron: Defender of the Universe.

A alianza para finanzar e producir da Relativity Media está en negociacións para tomar o proxecto, ainda que cun orzamento moderado, utilizando a tecnoloxía que se puxo de moda en filmes coma 300 e que resulta moi barata para os estudos.

A produtora The Mark Gordon Co. ainda está vencellada ao proxecto, que está baseado nunha popular série de debuxos animados xaponeses que apareceu na televisión nos anos 80.

Mark Gordon e Jordan Wynn son os produtores polo de agora e Bryan Zuriff é o produtor executivo. Todos eles agardan poder contratar a un director xa para a semana que ven.

O pasado verán, a New Regency se fixera cos dereitos sobre estes debuxos, contando cunha adaptación do guionista Justin Marks, o mesmo que está atrás de proxectos da Warner Bros. coma He-Man e Frecha Verde.

O argumento que desenvolverá Marks será un punto de vista post-apocalíptico ambientado en New York e México, onde cinco sobrevivintes dun ataque extraterrestre axúntan-se para poder pilotar a nave con forma de cinco leóns que ao se combinaren crean a Voltron, un robot xigantesco cunha espada que será a derradeira esperanza da Humanidade contra os áliens.

Tecnicamente, a New Regency nunca posuiu os dereitos neste proxecto, segundo revelaron fontes internas. A empresa conxunta non puido pechar o acordo cos donos xaponeses dos dereitos de Voltron, o que atrasou o desenvolvemento do filme.

Pero após do éxito nos despachos de billetes do filme da DreamWorks e a Paramount Transformers, o interese polos robots xigantes en Hollywood medrou de súpeto, obrigando mesmo á Warner Bros. a se facer cos dereitos de Robotech.