A desputa por dirixir ao Capi

0
184

George Nolfi (The Adjustment Bureau), F. Gary Gray (The Italian Job) e mais os irmáns Anthony e Joseph Russo (You, Me and Dupree) son os principais candidatos que a Marvel Studios está a considerar para se encargaren da dirección da segunda parte de Captain America.

A devandita lista, segundo fontes internas, é o resultado de reducir ao máximo un catálogo inicial onde se atopaban dez nomes de posíbeis directores. En todo caso, as entrevistas cos candidatos continuarán ao longo do mes de abril. A decisión final deberá coñecer-se a mediados deste mesmo mes.

De entre os candidatos, a elección mais estraña sería a dos irmáns Russo, pero o certo é que a parella ven de gañar un par de prémios Emmy e conta cunha boa carta de presentación en forma de séries de televisión coma Community, Happy Endings e Arrested Development.