Arnie, DeVito e Murphy… Trillizos?

0
162

Hai un ano que se escomezou a falar da posibilidade e seica agora comeza a tomar forma. Arnold Schwarzenegger, Danny DeVito e mais Ivan Reitman están a considerar a posibilidade de ffacer unha secuela da súa comédia de 1988 Twins (que en Galiza titulou-se, en imitación do nome español, Os xemelgos golpean duas veces).

O xiro para esta nova entrega sería a inclusión de Eddie Murphy coma “terceiro xemelgo”, e o filme levaría por título entón Triplets (Trillizos).

A Universal e mais a Montecito Picture Co. (a produtora de DeVito) están a desenvolver conxuntamente o proxecto con Schwarzenegger e DeVito repetindo os seus paéis de irmáns Julius e Vincent, o produto dun experimento xenético que pretendía crear ao ser humáns perfecto. Nesta ocasión, a parella descubrirá que hai un terceiro irmán.

Polo de agora non hai director vencellado a este filme, xa que Reitman (o realizador da película orixinal) sería tan só o produtor xunto con Joe Medjuk, Tom Pollock e Ali Bell. En todo caso, de saír adiante a ideia, sería a segunda comédia dos anos 80 que a Universal decide resucitar cunha continuación, após de Midnight Run.