Enésimo relanzamento de Halloween

932

A Platinum Dunes está en conversas para se encargar das rendas da produción da vindeira película da Dimension Films, Halloween.

O proxecto estaba previsto orixinalmente para aparecer nas carteleiras este mes de outubro, pero a película en 3D foi adiada porque daquela ainda non había confirmado nin director nin reparto. A Platinum Dunes está agora á procura dun novo guionista e mais un novo director para recomezar dende cero, xa que non desexan contar con Todd Farmer (Drive Angry) e co director Patrick Lussier, que estaban vencellados até agora.

Á parte do regreso do asasino enmascarado Michael Myers, non se sabe ren do argumento ou do novo xiro que podería adoptar o filme, ainda que o mais probábel é que sexa un relanzamento completo da saga creada por John Carpenter en 1978, esquecendo por completo todas as anteriores oito entregas desta série de terror e mais as dúas mais recentes que dirixiu Rob Zombie.

A Platinum Dunes ten de feito un bó currículum no que respeita ao relanzamento de iconas do terror, porque xa o fixeron anteriormente con Freddy Krueger, Jason Voorhees e mais Leatherface nestes últimos anos.