“Angry Birds” será primeiro unha série

0
283

O popular videoxogo para teléfones móbiles Angry Birds vai contar axiña cunha série de seu, segundo deron a coñecer os deseñadores do xogo, a compañía Rovio, esta semana en Franza.

A BBC informou que a famosa aplicación dos paxariños será convertida nunha série de televisión de 52 capítulos e que será distribuída “en todas as plataformas posíbeis“.

Estou encantado de dicir que imos sacar unha série de animación semanal este ano de contido de formato curto. É un xeito fantástico parra nós de conectarmos cos nosos actuais fans, de lles dar mais e de mante-los enganchados“, dixo o xefe de animación da Rovio, Nick Dorra.

Dorra engadiu que o filme baseado na franquía, que se anunciou o ano pasado, aínda deberá agardar bastante para a súa estrea, alomenos até 2015 no millor dos casos. O videoxogo en si leva mais de 700 millóns de descargas en todas as plataformas.