Breslin convérte-se nunha pantasma

0
174

Abigail Breslin (Signs, Zombieland) será a protagonista do filme de mistério sobrenatural Haunter, a vindeira película de Vincenzo Natali, o director canadiano responsábel de Splice e Cube que rodará para a Copperheart Entertainment.

Matthew Brian King escribiu esta história de pantasmas ao revés na que Breslin interpretará ao espírito dunha adolescente morta. Ela e mais a súa família morreron en sinistras circunstáncias en 1986. Agora, atrapada na súa casa e incapaz de se mover, deberá procurar a axuda do seu “eu” actual, que aínda está viva, para evitar que sufra o mesmo destino ca ela.

Steve Hoban e Mark Smith serán os produtores deste filme cuxa rodaxe escomezará a mediados deste mes en Toronto.