Hellraiser e Quatermain chegan á tele

742

Dous clásicos do cinema fantástico desaparecidos hai moito tempo están por revivir axiña, pero na pequena pantalla.

A Sonar Entertainment (antiga RHI Entertainment) ven de anunciar que ten en desenvolvemento a realización dunha série semanal para a televisión baseada nos filmes orixinais de Hellraiser de Clive Barker e mais das aventuras do heroe do pulp Allan Quatermain de H. Rider Haggard.

A Panacea Entertainment será a coprodutora da nova versión de Hellraiser, que verá o regreso do Pinhead e mais dos cenobitas, pero ainda non se sabe ren sobre que formato terá esta série.

Ao respeito de Quatermain, a Sonar e mais a Ecosse Films están a desenvolver dez episódios dunha hora de duración cun orzamento conxunto de 30 millóns de dólares (22 millóns de euros).

Richard Kurti e Bev Doyle (Terry Pratchett’s Going Postal) escribirán os guións da série, cuxa primeira tempada servirá para adaptar as histórias mais coñecidas do persoaxe, coma As minas do rei Salomón. Agárda-se que os guións estean completados para mediados de ano. A rodaxe terá lugar en África.