A Universal reinícia a saga da Múmia

0
149

O guionista de The Darkest Hour e Prometheus, Jon Spaihts, foi contratado para escribir un relanzamento da saga de A Múmia para a Universal Pictures.

Stephen Sommers dirixiu o primeiro filme desta franquía en 1999, que foi recibido de xeito positivo pola crítica e polo público. Aquela película estaba protagonizada por Brendan Fraser e Rachel Weisz e era en si mesma un relanzamento dos clásicos filmes de monstros da Universal dos anos 30 e 40.

As críticas xa non foron tan positivas para as seguintes dúas entregas da saga en 2002 e 2008 (Maria Bello sustituiu a Weisz no terceiro filme), pero o certo é que entre as tres recadaron mais de 400 millóns de dólares en todo o mundo.

Sean Daniel regresará para producir esta versión, que tentará levar á franquía por unha dirección totalmente distinta. “Véxo-o coma o tipo de oportunidade que tiven con Prometheus: regresar ás raíces dunha franquía cun material sinistro e que mete medo e ao mesmo tempo aberto a unha escala épica coma non víramos nunca antes“, dixo Spaihts.