O sanguento Santa Claus

0
211

Malcolm McDowell será o protagonista e Steven C. Miller (The Aggression Scale) o director dun filme que dalgún xeito podería considerar-se un remake da película gore para adolescentes que en 1984 realizou a TriStar Silent Night, Deadly Night para a Genre Company e mais a Inferno’s Ember Prods.

A história vai sobre a procura do departamento local de policía dun Santa Claus que está a asasinar e aterrorizar aos veciños dunha remota vila do médio Oeste o día da véspera do nadal.

McDowell interpreta ao xerife nesta versión que escomezará a se rodar este mes coa vista posta nunha estrea para as festas do nadal.

Richard Saperstein, Brian Witten, Shara Kay e Phyllis Laing serán os produtores. A franquía orixinal de Silent Night, Deadly Night alongou-se en catro secuelas mais, case todas en filmes dirixidos directamente ao mercado de vídeo.