Bello entra na Casa do Terror

0
131

Maria Bello (A Múmia 3) está en conversas para protagonizar o thriller psicolóxico House of Horror na Dimension Films.

Max La Bella escribiu o guión deste filme, no que Bello interpretaría a unha psicóloga da Policía que debe interrogar a un sospeitoso polo brutal asasinato de cinco estudantes universitários dentro dunha casa decrépita e abandoada, que segundo o sospeitoso é unha porta do inferno.

O director de Saw, James Wan, será o produtor. Xavier Gens (The Divide) era até hai pouco o encargado da dirección, pero xa non está vencellado a este proxecto.