I Encontro da Nova Fantasía Galega

968

Este sábado 14 de abril ás 17:00 horas terá lugar no local Creedence Rock, na rúa Manuel Murguía, 32 baixo da Coruña o I Encontro da Nova Fantasía Galega, que mália o seu fermoso nome non ten ren que ver coa nosa revista.

Tráta-se do primeiro dos encontros que percorrerán a xeografía galega durante este ano e que axuntará a escritores, editores e lectores para analizar e compartir experiéncias deste novo movemento literario que está a xurdir en Galiza.

Nesta ocasión contarán coa preseenza dos escritores Xosé Duncan, Jacobo Feijoó e Fernando Pérez, que falarán do agro-terror, da fantasía épica e da súa experiéncia na escritura.

Asemade tamén haberá unha representación da editorial Contos Estraños, coa que compartirá-se unha mesa redonda falando sobre como promover e chegar a publicar fantasía, terror e ciéncia-ficción en galego, servindo a nosa lingua como trampolín para traspasar as fronteiras.